Apertura na Biblioteca da ETSAC da BIBLIOTECA PARA O OUTRO 90%.
Dotada en principio con algo máis de douscentos exemplares, ten o foco nas arquitecturas producidas e usadas nos lugares menos favorecidos e nos contextos máis críticos do planeta, que diferentes estudos estiman habitados ata por un 90% da humanidade.
Con esta iniciativa pretendemos inducir un futuro equilibro ante os 50.000 volumes que a día de hoxe dedicamos á arquitectura do restante 10%.
Esta sección, que é singular nas Escolas de Arquitectura Españolas, ofrece materiais para o achegamento ao estudo de calquera das dimensións do feito arquitectónico nos contextos que lle dan nome a esta biblioteca dentro da biblioteca.
Estará operativa nas mesmas condicións que o resto da biblioteca dende o 25 de maio, día mundial de África.
A BIBLIOTECA PARA O OUTRO 90% é unha iniciativa do PROXECTO dHÁBITAT e ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS GALICIA
Máis información:
www.udc.es/dhabitat
http://galicia.asfes.org/