Campaña de recollida de alimentos na ETSAC

As Oficinas de Cooperación e Voluntariado e de Medio Ambiente da UDC, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, veñen de organizar unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros (leite, galletas, café, cacao, azucre, conservas, aceite, sal, legumes e cereais) para facer fronte ao paulatino incremento do número de persoas que teñen dificultades para alimentarse na provincia da Coruña.

Lugar e data: Cafetaría da ETSAC, andar -2, dende o día 22.04.2014 ata o 09.05.2014

COLABORA!!!

MOITAS GRAZAS!!!