Juan Luis Dalda

Hoxe fai un ano que o profesor Dalda déixonos e unha publicación recolle exemplos do seu pulcro xeito de impartir a docencia na nosa Escola

O volume número seis da colección de Documentos de Reflexión Urbanística (DRU) constitúe unha homenaxe a Dalda, que desde 1977 deu clases en Arquitectura, primeiro de Estética e máis tarde de Urbanismo. A publicación reúne material de utilidade tanto para profesores como para alumnos e interesados en cuestións urbanísticas que foi recompilado por Javier Harguindey, profesor e discípulo de Dalda. En breve poderá ser consultado na biblioteca.

Via: Blogueteca da BETSA