ARQUITECTURA CON LUZ PROPIA é unha actividade organizada pola Asociación Xuvenil Perspectivas e a Asociación Calidade do Ceo.
Levarase a cabo na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e no Campus da Zapateira.
O programa das actividades, concentradas na tarde-noite do Martes 22 ou Mércores 23 de Abril de 2014, é o seguinte:
-20:00_Salón de Actos, ETSAC. 1 hora.
1. Presentación Quen somos? Que facemos? Onde queremos chegar?
2. Contaminación lumínica. Definición. Impactos. Consecuencias
3. Arquitectura e iluminación. Evolución dos usos da iluminación na arquitectura. Impacto da iluminación arquitectónica na conservación do ceo- Exemplos de iluminación arquitectónica
4. Debate Edificios acristalados
-21:00_Exterior Campus Zapateira. 1 hora.
1. Roteiro de análise de Erros no Campus da UDC
2. Observación Astronómica
3. Clausura da Actividade
*Hai buses de liña E ata as 22:30
*Avisaráse con antelación a tódolos inscritos de cualquera cambio ou concreción da data da actividade dependendo das condicións meteorolóxicas.
SERÁ PRECISO INSCRIBIRSE NA SEGUINTE DIRECCIÓN WEB

Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.