
Xornada de restauración participativa no Monte da Fraga
Aproveitando a celebración do día da árbore e o día da auga o mércores 19 de marzo organizamos unha actividade para continuar coa restauración doMonte da Fraga. Nesta actuación faremos varias tarefas; acondicionamento e plantación de flora acuática na charca e plantación de árbores.
A xornada terá unha duración de 12.00 h a 17.00h é preciso inscribirse onúmero de prazas estará limitado a 25. O obxectivo é dar a coñecer o espazo e recuperar o monte facéndoo noso, que sexa un espazo de lecer e de estudo onde sexamos partícipes da súa recuperación. Cada un/unha de vos pode aportar e seu graíño de area.
No caso de non poder asistir a xornada completa indicade no correo a vosa dispoñibilidade. Se algún/ha de vos ten na casa algunha planta autóctona que queira plantar no Monte da Fraga tamén o podedes indicar no correo.
Programa da xornada: 12.00h punto de encontro na entrada principal da Facultade de Ciencias
.As labores a realizar serán:
* Abonado con compost da área de compostaxe de filoloxía
* Plantación das árbores
* Traballos de reconstrución das marxes da charca. Procederase tamén a plantar especies de vexetación emerxente (xuncos e lirios) para favorecer a súa colonización. Disponse destas especies no humidal de depuración de augas residuais que hai no campus da UDC.
14.30h Xantar (lembrade traer a comida)
15.30h Continuación das tarefas
17.00h Fin da xornada . Será preciso levar o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo axeitada ao tempo. A organización achegará a ferramenta necesaria.
Lembrade que esta actividade conta para acadar os créditos do ciclo de voluntariado ambiental.
Contacto:
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC