XORNADA DE RESTAURACIÓN PARTICIPATIVA NO MONTE DA FRAGA

When:
19 Marzo, 2014 @ 12:00 – 17:00
2014-03-19T12:00:00+00:00
2014-03-19T17:00:00+00:00
Where:
Entrada principal da Facultade de Ciencias
XORNADA DE RESTAURACIÓN PARTICIPATIVA NO MONTE DA FRAGA @ Entrada principal da Facultade de Ciencias

Xornada de restauración participativa no Monte da Fraga

Aproveitando a celebración do día da árbore e o día da auga o mércores 19 de marzo organizamos unha actividade para continuar coa restauración doMonte da Fraga. Nesta actuación faremos varias tarefas; acondicionamento e plantación de flora acuática na charca e plantación de árbores.

 

A xornada terá unha duración de 12.00 h a 17.00h é preciso inscribirse onúmero de prazas estará limitado a 25. O obxectivo é dar a coñecer o espazo e recuperar o monte facéndoo noso, que sexa un espazo de lecer e de estudo onde sexamos partícipes da súa recuperación. Cada un/unha de vos pode aportar e seu graíño de area.

 

No caso de non poder asistir a xornada completa indicade no correo a vosa dispoñibilidade. Se algún/ha de vos ten na casa algunha planta autóctona que queira plantar no Monte da Fraga tamén o podedes indicar no correo.

 

Programa da xornada: 12.00h punto de encontro na entrada principal da Facultade de Ciencias

 

.As labores a realizar serán:

 

* Abonado con compost da área de compostaxe de filoloxía

 

* Plantación das árbores

 

* Traballos de reconstrución das marxes da charca. Procederase tamén a plantar especies de vexetación emerxente (xuncos e lirios) para favorecer a súa colonización. Disponse destas especies no humidal de depuración de augas residuais que hai no campus da UDC.

 

14.30h Xantar (lembrade traer a comida)

 

15.30h Continuación das tarefas

 

17.00h Fin da xornada . Será preciso levar o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo axeitada ao tempo. A organización achegará a ferramenta necesaria.

 

Lembrade que esta actividade conta para acadar os créditos do ciclo de voluntariado ambiental.

 

Contacto:

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

 

Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”

Twitter: @OMA_UDC