PROXECTO RÍOS – INSPECCIÓN DE PRIMAVERA

When:
29 Abril, 2014 @ 16:30 – 18:30
2014-04-29T16:30:00+00:00
2014-04-29T18:30:00+00:00
Where:
Porta da Facultade de Economía e Empresa
PROXECTO RÍOS - INSPECCIÓN DE PRIMAVERA @ Porta da Facultade de Economía e Empresa

 Proxecto Ríos – Inspección de primavera.

Data: 29 de abril  ás 16.30h

Punto de encontro: porta da Fac. de Economía e Empresa

O 29 de abril levarase a cabo a inspección de primavera do Proxecto Ríos no Lagar, río que discorre polo campus. O treito inspeccionado será o situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigacións e a Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña.

En cada curso realizamos dúas inspeccións para coñecer a calidade do noso río, xa fixemos a de outono e agora realizaremos a de primavera. Nesta actividade contaremos con Paco Bañobre , educador do Proxecto Ríos-ADEGA, que nos explicará a metodoloxía a seguir.

Achégate e colabora con nós na conservación do ecosistema fluvial do campus. Tamén podes achegarte para coñecer este proxecto de voluntariado e formar un grupo de inspección na túa zona ou no río que escollas.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa en defensa dos ríos de Galiza, que permite coñecer e mellorar o estado dos distintos ríos co obxecto de responsabilizarse destes, tanto a nivel local coma municipal.

Desde a Oficina de Medio Ambiente da UDC convidámosvos a participar nesta actividade o próximo 29 de abril no río Lagar.

Ligazóns

Ademais das habituais poñer a de proxecto rios www.proxectorios.org

Máis información:

 

-Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

 

-Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC

 

-Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC