
A Oficina de Medio Ambiente da UDC convídache á presentación do programa GreenCampus na UDC
Xoves 13 de marzo, 12:00 h, Salón de Actos, Facultade de Ciencias. Asistencia libre.
Coa participación de:
– José Ramón Sánchez Moro, presidente de ADEAC-FEE
– Amalia Blanco Louro, vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas da UDC
– Direccións dos centros ETS Arquitectura, EU Arquitectura Técnica, Facultade de Ciencias e Facultade de Ciencias da Educación, e da Oficina de Medio Ambiente da UDC
Trátase da primeira xornada de traballo GreenCampus-UDC. A UDC ven de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), como membro da internacional Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación dos procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde GreenCampus.
O GreenCampus arranca na UDC coa incorporación de 4 centros: ETS Arquitectura, EU Arquitectura Técnica, Facultade de Ciencias e Facultade de Ciencias da Educación. Ás 12 horas terá lugar a presentación pública do programa GreenCampus, nunha charla-debate aberta, que se celebrará no Salón de Actos da Facultade de Ciencias (A Zapateira), na que se dará conta da metodoloxía e dos obxectivos do programa GreenCampus na UDC.
Máis información:
https://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/actualidade/greencampus.html
OMA-UDC