Novos arquitectos ETSAC 2015: acto académico + palestra

When:
18 Decembro, 2015 @ 12:00 – 14:00
2015-12-18T12:00:00+01:00
2015-12-18T14:00:00+01:00
Where:
Salón de actos da ETSAC, andar 0

HNA_1

 

O vindeiro venres 18 de decembro celebraremos por segunda vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2015, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o presente ano.

No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, actual vicerreitor e próximo reitor da UDC, Fernando Agrasar, director da ETSAC, e Antonio Maroño, decano do COAG.

Seguirá unha palestra do noso convidado, nesta ocasión JOAO MENDES RIBEIRO. O arquitecto luso recolle o relevo do catalán Toni Gironés.

Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2015.

Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.

 

+ info: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/12/22/escola-tecnica-superior-arquitectura-entrega/1025778.html#

 

HNA_2