COMPOSTAXE NA UDC: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “TRASHED”

When:
19 Febreiro, 2014 @ 16:30 – 18:30
2014-02-19T16:30:00+00:00
2014-02-19T18:30:00+00:00
Where:
Salón de actos da Facultade de Ciencias

Compostaxe na UDC: Proxección do documental Trashed.

O próximo mércores 19 de febreiro, a Oficina de Medio Ambiente presenta a seguinte actividade do ciclo de voluntariado ambiental, nesta ocasión relacionada coa temática dos residuos.

Primeiro proxectaremos o documental Trashed, protagonizado por Jeremy Irons, documental moi interesante que nos conta a problemática dos residuos, dos vertedoiros e incineradoras do mundo civilizado. Tráiler:http://www.youtube.com/watch?v=7UM73CEvwMY

Ao remate abriremos un coloquio sobre a problemática dos residuos e posibles solucións. Por ultimo, visitaremos unha das solucións que aporta a universidade para reducir os residuos que é o proxecto de compostaxe comunitaria. Os residuos orgánicos de tres comedores universitarios son recollidos de xeito separado e compostado no propio campus en tres áreas de compostaxe. Visitaremos a última incorporación a este proxecto, que é a área da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica que recolle os residuos da cafetería da mesma.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a compostaxe, que é unha forma de reciclar a materia orgánica e reducir o volume de lixo xerado. Isto contribúe á minimización da contaminación e dos problemas asociados á xestión de residuos (cambio climático, dioxinas, ruídos…) e ademais, permite pechar o ciclo da materia orgánica na natureza.

A actividade “Compostaxe na UDC” estará organizada da seguinte forma:

 16.30 – Salón de actos da Facultade de Ciencias

–           Proxección de documental Trashed

Ficha técnica:

http://www.terra.org/categorias/peliculas/trashed-rodeados-de-residuos-y-basuras

–          Charla-debate.

–          Visita á área de compostaxe da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.

 

Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es !

Máis información:

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es

Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC

Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC