COMPAÑEIROS DE OFICIO.

When:
6 Novembro, 2012 – 7 Abril, 2013 all-day
2012-11-06T00:00:00+00:00
2013-04-08T00:00:00+00:00
Where:
Sede da Coruña da Fundación Barrié

A Fundación Barrié presenta na súa sede de A Coruña a exposición Compañeiros de oficio, unha reflexión sobre o papel que a arquitectura vernácula exerceu na obra de grandes mestres da arquitectura contemporánea.

A mostra, produción propia da Fundación e comisariada por Pedro de Llano, catedrático de Representación e Teoría Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, pretende impulsar unha reflexión pouco habitual sobre o papel da arquitectura vernácula como pilar fundamental da obra dun imprescindible grupo de arquitectos contemporáneos que deron continuidade ao vínculo entre os “artesáns” de onte e os “creadores” de hoxe, tal e como expresou, Le Corbusier, coas palabras que dan título a esta exposición.