0. INFORMACION INICIAL
– Plan de estudios ETSAC [título de Arquitecto] / Plan des estudios ETSAC [grado]. ENLACE
– Modelos facilitados por la ORI para elaboración de contrato de estudios y learning agreement [a cumplimentar mecánicamente]
- ERASMUS / BILATERAL / LIBRE MOBILIDAD: 1.contrato de estudios, 2.learning agreement /plan de estudio. ENLACE
- SICUE: modelo de acuerdo académico. ENLACE
1. REQUISITOS / RECOÑECEMENTO
- Realizar a mobilidade en 4º/5º curso [ou cuadrimestres equivalentes]
- PFC/TFC será sempre cursado e presentado na ETSAC
- O alumnado de Grao realizará a súa mobilidade en períodos anuais ou semestrais que contemplarán paquetes de materias correspondentes a cuatrimestres UDC completos.
- O tratamento académico de calquer alumno ós efectos da súa relación cós talleres de grao ou calquer outra materia implicada no contrato de estudos será idéntica á dun alumno que non realice mobilidade
- As prácticas en empresa [estagios, tirocinios, stages…] son susceptibles de recoñecemento por créditos de libre sempre que aparezan dentro do contrato de estudos
- En mobilidade internacional é posible indicar no contrato materias das que o alumno estivese matriculado na previamente na UDC. En moblilidade nacional SICUE isto non é posible.
2. CREDITOS
En espera da aprobación da normativa de matrícula 2013-14, á que fai referencia o Regulamento de Mobilidade Internacional da UDC, establécese os seguintes límites na elaboración do contrato inicial [verificar en convocatorias art.13º]:
- máximo/mínimo anual: 60/40 ECTS [90/60 plan 1995] Pódese exceder únicamente en 3 créditos con cursos de idiomas. [enlace instrucción]
- máximo/mínimo semestral: 30/20 ECTS [45/30 plan 1995]
- 1 crédito ECTS = 1,5 créditos Plan 1995
- No caso en que a información en destino das materias non se exprese en créditos ECTS, normalmente Convenios Bilaterais, verificarase o número de horas asignadas a cada materia. [Plan 1995: 1 crédito = 10 horas]. No contrato de estudos indicarase número de créditos segundo plan de estudos e entre paréntese número de horas.
- Créditos a equivaler por “libre” 1 = 1
3. EQUIVALENCIAS
Cada alumno plantexará para a reunión por destinos un contrato de estudios atendiendo a los criterios anteriores e:
- información dispoñible en biblioteca
- enlaces a escolas/plans/materias/… dispoñibles nas webs dos centros de destino. ENLACE
4. CODIGOS/DENOMINACION MATERIAS
Ó remate da mobilidade a universidade de destino emitirá un certificado de calificacións -transcript of records- conforme ás materias cursadas. Se estas e as súas equivalentes na nosa universidade non son indicadas correctamente no contrato de estudos -códigos, nome, número de créditos- non será posible o recoñecemento académico.
5. CONTRATO INICIAL E LEARNING AGREEMENT
- Será revisado e aprobado polo tutor (de existir), e validado e asinado polo coordinador académico de intercambio na reunión específica por destinos.
- Será presentado na ORI atendendo ós prazos xerais do servizo e particulares de cada universidade [no caso de estar moi próximos, contactese de inmediato có coordinador]
- O contrato inicial será considerado unha declaración de intencións ou previsión, posto que o curso académico non está completo e a oferta académica nos destinos non está cerrada en todos os casos.
6. O PROCESO É CONTINUO!
- Cumplimentar e entregar os documentos únicamente inicia o proceso cara o recoñecemento académico, e son paso necesario para que se tramite a solicitude de admisión na universidade de destino.
- Estes documentos poderán ser modificados unha vez por semestre. ENLACE PROCESO XERAL DE MODIFICACION DE CONTRATO
7. INFORMACION ALUMNADO CONVOCATORIAS PREVIAS
Os compañeiros de convocatorias previas teñen facilitado a través dun formulario online que pode resultar de interés para os do vindeiro curso. –EN PROCESO–
8. OUTRA INFORMACION A CUMPLIMENTAR
- Simultáneamente á elaboración dos contratos iniciais, os implicados terán que cumplimentar diversos formularios online para as universidades de destino. É importante considerar que o referido a Coordinador Departamental, de Escola ou Académico será o propio do coordinador da ETSA [Enrique M. Blanco, erasmus.etsa@udc.es, +34981167000, e datos directorio ETSAC] e o Coordinador Institucional [Director da ORI, Fernando Peña, erasmus@udc.es, datos ORI]
- En el apartado DIRECTORIO de Moveon, puede localizarse información relativa a las universidades de destino y origen, como códigos Erasmus y similar.
- En ocasión as universidades de destino solicitan cartas de recomendación ou outras informacións do alumno. Contactar en cada caso có coordinador da ETSA.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.