Trala visita de Oliver Laxe á ETSAC

O tres de decembro de 2019, da man do grao en Paisaxe, chegou á ETSAC un extraordinario interprete da realidade: Oliver Laxe.

Durante tes horas Oliver conduciu ao público que ateigaba o salón de actos ao través dunha viaxe polas paisaxes da súa vida e da súa obras.

O seu relato iniciouse nun lugar onde o mundo se chama Vilela. Un caserío do concello de Navia de Suarna e referencia matriz de Oliver, bañado polas augas dun río que paradoxalmente se chama “Ser”.

Nese rio concluiría finalmente a viaxe poética, tras pasar por un Londres punk e un Marrocos medieval, sempre visto a través do ollo da cámara de Oliver.

A prensa fíxose eco da presencia de Oliver Laxe na escola, que opta a catro premios Goya pola súa película “O que arde”.

O autor defendeu a necesidade de “construír respectando a paisaxe”, mostrándose moi interesado pola oportunidade que para Galicia lle ofrece o Grao en Paisaxe.

+ info en:
La Voz de Galicia
La Opinión