Oportunidades da custodia urbana para a recuperación de espazos: Mesa redonda

Oportunidades da custodia urbana para a recuperación de espazos: Mesa redonda
Data e hora: 27 de novembro de 11h- 14h
Lugar: Salón de Actos CICA. As Carballeiras, s/n Campus de Elviña.
Incluíndose no Proxecto de custodia do Monte da Fraga, organízase esta Mesa redonda sobre a custodia do territorio, unha nova corrente de custodia urbana. A custodia é un conxunto de estratexias que pretenden implicar ás persoas na conservación e o bo uso dos recursos naturais, culturais e paisaxísticos.
A programación completa inclúe importantes Experiencias de custodia:
    • Fragas do Mandeo
    • Xarxa per la Conservació de la Natura (XCN)
    • Grao en Paisaxe da UDC
    • Asociación Ecoloxista ADEGA
    • Grupo Naturalista Hábitat

A xornada, aínda que aberta ao público xeral e de interese para o estudantado, está dirixida a persoal técnico das áreas de medio ambiente, cultura e turismo das administracións locais, a empresas e a persoal dedicado á educación ambiental.

Nesta ligazón podes inscribirte e consultar os detalles da programación.