Remate da 6ª edición do Joint na cidade mongola de Hohhot (China)

O Joint Graduate Design Project entre as escolas de arquitectura da UDC e as das universidades chinesas HIT (Harbin) e IMUT (Hohhot) ven de celebrar o seu xurado final na capital da rexión de Inner Mongolia entre os días 03 e 06 de xuño.

Nesta xa sesta edición do Joint as tres escolas presentaron os traballos dos seus estudantes de último curso que desenvolveron o seu proxecto durante os últimos tres meses da man de dous titores por institución académica. En febreiro pasado coincidiron os tres equipos no traballo de campo desenvolto na Coruña.

O traballo proposto tivo como ubicación unha área portuaria da nosa cidade, en concreto, a intervención no barrio dos Castros-A Gaiteira co obxectivo de abrilo ao mar e explorar novas posibilidades urbanas para a cidadanía.

Os nosos parabéns a todos os alumnos, titores participantes e ás tres institucións académicas polos excelentes resultados acadados e especialmente ao IMUT e ao seu director Jia Xiaohu pola inmellorable acollida e organización.

Xie xie!!!