Visita á Norman Foster Foundation en Madrid

 

A Norman Foster Foundation convidou a cincuenta dos nosos alumnos á cirimonia de inauguración da fundación en Madrid. En concreto ao fórum internacional Future is Now celebrado no Teatro Real o xoves 01 de xuño e, ao día seguinte, a unha visita á súa sede no Palacete do Duque de Plasencia.

A ETSAC agradece á NFF este convite que esperamos sexa o comezo dunha futura colaboración.