Campaña de recollida de alimentos. OCV e OMA

Un pouco da túa axuda é moito. Campaña de recollida de alimentos.

Dende o  día 20 ate o 31  de marzo , A Oficina de Cooperación e Voluntariado ​e a Oficina de Medio Ambiente colaborarán​ co Banco de Alimentos “Rías Altas” na recollida de alimentos non perecedeiros. Poderedes atopar as caixas de recollida de produtos como ​leite, ​legumes, arroz, aceite, cacao, conservas, café, cereais etc., na cafetería do voso centro.

Agradecemos calquera colaboración, para poder  superar a cantidade de alimentos recollida o ano pasado! Entre tod@s podemos conseguilo!

Esta iniciativa pretende fomentar a sensibilización da comunidade universitaria nestes momentos de maior dificultade, non só buscando a solidariedade, senón tamén botando unha ollada crítica sobre a situación actual da nosa sociedade, onde cada vez existen máis persoas ao noso redor que teñen serias dificultades para sobrelevar o día a día.