Academia Galega de BBAA: palestra de Manolo Gallego

 

O martes día 20 de decembro, ás 20:00h, terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de BBAA a conferencia A ARQUITECTURA DOS MUSEOS: O MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS DE SANTIAGO, impartida por  Manuel Gallego Jorreto, arquitecto e docente da ETSAC.

A conferencia desenvolverá unha reflexión sobre a arquitectura dos Museos e a súa evolución, centrándose nun caso concreto: o Museo Nacional das Peregrinacións de Santiago, vendo a relación que existe entre a súa problemática específica e o edificio construído.