1ª reunión presencial do grupo de usuarios BIM de Galicia

When:
17 Xuño, 2016 @ 16:30 – 19:30
2016-06-17T16:30:00+02:00
2016-06-17T19:30:00+02:00
Cost:
Free
1ª reunión presencial do grupo de usuarios BIM de Galicia

O vindeiro venres 17 celebraremos na *ETSAC a primeira reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia.

Para todos os que poidades achegarvos á comida esperarémosvos ata as 14:30 na cafetería e despois no comedor da Escola.

Ás 16:30 subiremos ata a Sala de Xuntas na planta 0 do edificio da Escola de Arquitectura para dar comezo á reunión.

Despois da presentación e posta ao día das actividades dos grupos de usuarios BIM en España desde o pasado EUBIM e como tema desta reunión, o arquitecto Antonio Larrondo falaranos sobre

Modelado paramétrico e modelado algorítmico , co seguinte contido

  • O pensamento algorítmico. Programación visual.
  • Dynamo. Relacións Revit-Dynamo, Dynamo-Revit.
  • Revit, Dynamo e o seu API.
  • Anatomía dun programa visual. Exemplos de aplicación práctica Revit-Dynamo.

Esperamos que vos resulte interesante.

Ao finalizar a charla teremos un coloquio e proposta de actividades para as futuras reunións.

Á comida e á charla é totalmente aberta, é máis, rogariámosvos que avisásedes a todas as persoas interesadas.

Sería bo que se desen de alta no grupo de meetup para telas ben informadas.