Xornada “A Pegada do SIAC” no Museo do Pobo Galego

Hai 50 anos, en setembro de 1976, Santiago acollía o I Seminario Internacional de Arquitectura en Compostela.

Dirixido por Aldo Rossi, e impulsado por Cesar Portela e Salvador Tarragó, baixo o lema «Proxecto e cidade histórica», o SIAC reuniu na cidade a unha xeración de arquitectos que viña discutir como intervir nos centros históricos e qué forma debía tomar a cidade que se estaba a construír. Aquel encontro deixou marca: nos que participaron, na maneira de mirar Compostela e na cultura arquitectónica galega das décadas seguintes.

Como acto final da exposición sobre Rafael Baltar, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca «A Pegada do SIAC», unha xornada de lembranza daquel Seminario que  supuxo tamén unha aposta pola modernidade, polo diálogo e por poñer en contacto a realidade galega co mundo internacional, nun momento histórico marcado pola ilusión da chegada de tempos novos.

Participarán impulsores e asistentes ao curso, xunto a unha serie de reflexións actualizadas sobre as preocupacións da arquitectura contemporánea, nun percorrido que vai do contexto galego dos anos setenta a un momento actual no que cumpre debater sobre as cousas que Santiago aínda ten pendente de pensar.

Data: 23 de setembro de 2026
Hora: 17,00 — 20,00 h
Lugar: Museo do Pobo Galego, Costa de San Domingos, 3, 15703 Santiago de Compostela

Programa:

  • 17:00 h.  Presentación do acto.
  • 17:15 h.  “A arquitectura galega nos anos 70”. Miguel Ángel Baldellou e Pablo Gallego.
  • 17:45 h. “O impulso do SIAC”. César Portela e Salvador Tarragó. Presenta Sandra González.
  • 18:15 h. “Influencia e pegada”. Xosé Lois Martínez e Teresa Fonseca. Presenta Paula Franjo.
  • 18:45 h. Descanso.
  • 19:00 h. “O que queda por pensar en Santiago”. Lucía Cerrada e Henrique Seoane.
  • 19:30 h. “O campo de investigación contemporáneo”. David Chipperfield.
  • 20:00 h. Peche da xornada.