BAc: Boletín Académico

 

Revísta BOLETÍN ACADÉMICO, que desde 1985 viña publicando a ETSAC, comezou unha nova etapa en 2010. A progresiva implantación dos sistemas de avaliación da calidade do profesorado universitario en España, aconséllanos difundir a investigación arquitectónica a través dunhas canles normalizadas: neste contexto, xorde a transformación da nosa revista nun “journal”.

 

No1 2011  No2 2012
BAC_04_100x140No3 2013BAC_04_100x140No4 2014
NUMERO 5No5 2015
 
BOLETÍN ACADÉMICO. REVISTA DE INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA é unha publicación anual, dixital e científica que segue o procedemento de revisión anónima por pares para a publicación dos seus textos. Edítase no formato normalizado Open Journal Systems (OJS) e traballa co horizonte de sucesivas indexaciones.

A revista recolle en cada número artigos de investigación orixinais, inéditos e especializados en arquitectura contemporánea. A participación na revista é libre e aberta, sen máis restricións que as definidas polo seu obxectivo e o seu formato. A temática de Boletín Académico abarca todas as áreas de coñecemento que están presentes nas escolas de arquitectura españolas, aínda que os artigos publicados sempre deberán referenciar as súas achegas teóricas a exemplos de arquitectura contemporánea, incidindo de maneira especial naqueles aspectos que supuxesen investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. En canto ao formato, a revista admite textos escritos en español, galego ou inglés. Os orixinais recíbense durante o mes de outubro, e cada novo número estará listo o 1 de marzo. No sitio http://revistas.udc.es/index.php/BAC/index pódense atopar as normas de publicación para os autores e os números publicados. Os n  úmeros da primeira etapa, publicados entre 1985 e 2002, están dispoñibles no repositorio da UDC: http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/5066.