O Laboratorio de Deseño Asistido (LDA), un dos mellor dotados de todas as escolas de Arquitectura de España, é o espazo dotado de material informático que pon a Escola Técnica Superior de Arquitectura a disposición do alumnado e o profesorado, tanto para impartir a docencia das materias propias das titulacións ofertadas, seminarios e cursos, coma para a realización de prácticas e traballos persoais, sempre relacionadas coas novas tecnoloxías.
O Laboratorio permanece aberto ininterrompidamente de 9 a 21 horas, de luns a venres, e está localizado no quinto andar. Conta con 3 aulas, 1 de libre acceso e 2 de docencia, podendo facer uso delas nos momentos que non haxa clase. Para acceder ao Laboratorio é necesario cumprir os seguintes requisitos:
- Posuír os coñecementos suficientes para garantir a correcta utilización dos medios dispoñibles.
- Acreditar a condición de usuario.
- Posuír as credenciais da UDC (usuario e contrasinal) que se facilitan ó través da páxina de Servizos, que responsabiliza á persoa usuaria de todas as operacións que se realicen baixo a súa identificación.
Dotación
No momento actual, as salas de ordenadores dispón de 80 equipos de traballo, computadores con procesadores de 2 e 4 núcleos, 4 xB de memoria RAM, tarxetas de vídeo de 1xB de memoria dedicada e monitores TFT de 22’’. O acceso á rede realízase a 1xB. Estes equipos posúen todos unha antigüidade inferior a novembro do 2009.
Medios de Impresión
- Impresoras láser monocromo A4/A3
- Impresora láser cor A4/A3
- 2 Plóter HP DesignJet A1
- 1 Plóter HP DesignJet A0
Escáner
- 2 escáner A3, un con alimentador automático
- 1 escáner de diapositivas e película de 35mm
Existe un regulamento de uso do Laboratorio de Deseño Asistido que todas as persoas usuarias deben coñecer e respectar para o bo funcionamento do servizo:
- O material informático dispoñible é de libre acceso, mais o papel para as impresións debe achegalo a persoa usuaria. O custo das impresións é compartido. A UdC asigna a cada usuario na súa conta unha cantidade ó principio de curso. A pagamento realízase co Moedeiro da Tarxeta Universitaria. O terminal de recarga atópase na planta 0.
- Non está permitida a impresión de traballos non relacionados coa Universidade.
As normas de uso para a correcta utilización dos equipos prohiben instalar programas alleos ao Laboratorio, cambiar a configuración dos equipos ou mover os periféricos do seu lugar sen a autorización expresa das persoas responsables do Laboratorio. O uso inadecuado dos medios informáticos será sancionado coa cancelación inmediata das correspondentes autorizacións de uso.
Persoal
- Fenández Currás, José. Tec. Especialista Informático
- López-Cortón Díaz, Carlos. Tec. Especialista Informático
Contacto
Correo: lda.etsa@udc.es
Ext.: 5039