A biblioteca da ETSAC pon ao servizo do estudantado, dos profesorado e dos investigadores vinculados á Universidade unha colección especializada en Arquitectura, Urbanismo e Arte integrada por máis de 38.000 volumes e máis de 400 publicacións periódicas, ademais de material bibliográfico en soporte informático, ao que habería que engadir outro material como vídeos, mapas, fotografías etc. Á marxe de todo este material, a biblioteca ofrece ás persoas usuarias a posibilidade de accederen ás coleccións doutras bibliotecas mediante o servizo de préstamo interbibliotecario.
Ademais da custodia e a xestión da colección propia, a biblioteca funciona como un centro de información e orientación ao usuario nos recursos bibliográficos e documentais (procuras bibliográficas, manexo de catálogos e bases de datos referenciais e textuais, librarías virtuais e outros). Neste ámbito, a biblioteca cumpre tamén coa función de formar as persoas usuarias co obxectivo de que adquiran as habilidades necesarias para se moveren coa maior autonomía dentro do mundo da información.
DIRECTORA
Mayra Sanjuán Pedreira