
Plaintec presenta unha nova edición de FASE CERO, un encontro dedicado a reflexionar sobre o presente e o futuro da arquitectura e a construción, que terá lugar o venres, 20 de novembro de 2026, ás 20 horas, no Teatro Municipal de Tui.
Nun sector en constante transformación, marcado pola innovación tecnolóxica, a intelixencia artificial, a sustentabilidade e las novas formas de habitar, FASE CERO propón un espazo para compartir coñecemento, experiencias e diferentes perspectivas profesionais.
Catro profesionais abordarán os retos e oportunidades que están a redefinir o sector. A xornada finalizará cun espazo de diálogo aberto entre relatores e asistentes.