Conferencia de Noelia Vázquez Abelenda e Sara Paz Fabián na RAGBA

O vindeiro martes, día 10 de novembro, ás 19.30 horas, continúa o ciclo A MODERNIDADE REVISITADA. INTERVENCIÓNS CONTEMPORÁNEAS NO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO DO S.XX, na Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) , coa conferencia O PATRIMONIO INDUSTRIAL COMO OPORTUNIDADE, impartida por dúas estudantes do Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica: Noelia Vázquez Abelenda e Sara Paz Fabián.