Conferencia de Emilio Rodríguez Blanco na Real Academia Galega de Belas Artes

O vindeiro martes 3 de novembro ás 19:30 horas terá lugar una nova charla do Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.

No acto, o arquitecto e profesor da ETSAC Emilio Rodríguez Blanco impartirá a conferencia “Ante todo mucha calma”, na que tratará aspectos relativos á súa obra máis recente.

Máis información