Charla informativa sobre a convocatoria de mobilidade Erasmus

O martes 10 de novembro, ás 12.00 horas, terá lugar no Salón de Actos da ETSAC unha charla informativa sobre a convocatoria de mobilidade Erasmus, organizada pola Oficina de Relacións Internacionais (ORI).

Anímase a todas as persoas interesadas en participar nesta convocatoria para asistir á sesión, que ofrecerá a oportunidade de resolver dúbidas e aclarar calquera cuestión relacionada co proceso de solicitude e as condicións de participación.