Visita e xornada técnica en Maderas Besteiro

Dentro das actividades formativas da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, invitámosvos a participar nunha nova visita e xornada técnica.

Nesta ocasión, o día 6 de novembro, visitaremos as instalacións da empresa Maderas Besteiro, en Lugo, especializada na transformación e elaboración de produtos de madeira.

A visita permitirá coñecer de primeira man os procesos de transformación da madeira e as súas posibilidades de aplicación na arquitectura, prestando especial atención aos produtos destinados á construción, as solucións estruturais e as posibilidades de utilización da madeira como material arquitectónico.

Trátase dunha oportunidade para achegarse ao sector da madeira e coñecer aspectos relacionados coa súa fabricación, as súas propiedades e a súa aplicación en proxectos arquitectónicos.

Horario: Saída 6 de novembro desde a ETSAC ás 9.00 horas, con regreso previsto ao redor das 14.30 horas.
Transporte: O desprazamento será gratuíto e realizarase en autobús, tanto para o traxecto de ida como para o de volta.
Programa:
– Recepción e benvida a cargo do equipo de Madeiras Besteiro.
– Charla técnica impartida polo persoal da empresa.
– Visita guiada ás instalacións.

Prazas limitadas.
Formulario de inscrición (Data límite para cumprimentar o formulario: venres, 30 de outubro, ás 12 horas)