
Organizado pola Federación Española de Empresas de Xardinería (FEEJ), en colaboración coa European Landscape Contractors Association (ELCA), o I Congreso Internacional de Xardinería “O verde urbano como vector de sustentabilidade e benestar” converterá Santiago de Compostela nun gran punto de encontro europeo para a xardinería, o paisaxismo e a infraestrutura verde.
Representantes institucionais, empresas, universidades e profesionais do sector compartirán coñecemento, experiencias e boas prácticas para impulsar unha xardinería máis sostible, resiliente e integrada nas cidades do futuro.
As inscricións xa están abertas. Consulta o programa e reserva a túa praza para formar parte deste encontro de referencia do sector verde.
Máis información e inscricións
