IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente

Un ano máis, as tres universidades públicas galegas (UDC, USC e UVIGO) traballamos de forma conxunta para consolidar un espazo de reflexión e intercambio de experiencias para a mellora do ensino e a aprendizaxe na educación superior.

A IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente terá lugar o próximo 22 de outubro de 2026 na Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) do campus da Zapateira (UDC), co título “Contextos universitarios transformadores: tecendo redes de futuro”.

Máis información