Conferencia de CARBAJO BARRIOS no Antigo Hospicio Municipal de Ferrol

Un ano máis, todos os arquitectos do mundo están chamados a celebrar o Día Mundial da Arquitectura e o Hábitat. O lema deste ano “A vivenda é un dereito” busca poñer o foco no que a arquitectura pode aportar en garantir un fogar digno para todas as persoas.

Con motivo desta celebración, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza, en colaboración co Concello de Ferrol e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, unha conferencia titulada “Vivenda Colectiva 2011-2025. Entre a crise financeira e a crise habitacional”, na que contaremos coa intervención dos nosos compañeiros Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide (CARBAJO BARRIOS). Na conferencia explicarán catro obras de vivenda colectiva que se concatenaron no tempo despois do estalido da burbulla en 2008 ata 2025.

O acto terá lugar o xoves 22 de outubro de 2026, ás 19,30 horas, no Antigo Hospicio Municipal de Ferrol (Rúa Méndez Núñez, 11). O acceso á conferencia é libre e gratuíto. Ao terminar a conferencia compartiremos uns petiscos.

Máis información