Conferencia de Ameneiros Rey na Sede Afundación Santiago

A delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza terceiro relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro mércores 16 de setembro. Este ciclo, que celebra a súa VI edición, pretende dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.

Nesta ocasión, os protagonistas serán os integrantes do estudo Ameneiros Rey, que nos acompañarán nun percorrido polos seus traballos profesionais realizados en Galicia ao longo dos últimos anos.

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 DATA:
Mércores 16 de setembro de 2026

HORARIO:
19:00 a 20:30 horas

LUGAR:
Sede Afundación.
Rúa do Vilar, 19 , Santiago de Compostela.