
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convida a toda a cidadanía a participar na xornada “Amizade en torno a Baltar”, celebrarase o vindeiro 8 de setembro no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.
Esta cita inscríbese no marco da exposición “Rafael Baltar. Testemuña dun tempo”, unha mostra organizada polo COAG e a súa Delegación de Santiago, o Museo do Pobo Galego e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, coa colaboración da Xunta de Galicia. A xornada busca render homenaxe e afondar no legado de Rafael Baltar (1933-2004), figura clave na cultura, na arquitectura e nas institucións galegas do último terzo do século XX.
Programa da xornada (8 de setembro)
- 16:15 h | Reecepción e presentaación. Museo do Pobo Galego – COAG.
- 16:30 h | O contexto compostelán: Unha conversa de Ramón Villares e as comisarias Paula Franjo e Sandra González Álvarez.
- 17:15 h | A obra de Baltar, Bartolomé y Almuiña: Intervención de Fernando Agrasar.
- 18:00 h | A experiencia docente: Mónica Mesejo en conversa con Cristóbal Crespo e Juan Prieto.
- 18:45 h | Escolmas: Diálogo entre Ramón Baltar, Myriam Gollubof e Felipe Peña, en conversación con Pablo Gallego.
- 19:30 h | Preguntas e diálogo ao fin da xornada.
- 20:00 h | Cóctel.