Conferencia de Zhang Pengju na Delegación da Coruña do COAG

O martes 30 de xuño, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia Arquitectura enraizada na terra: construír desde o lugar, que será impartida por unha das figuras máis relevantes da arquitectura asiática contemporánea, o arquitecto chino Zhang Pengju, Medalla de Ouro do Consello Rexional de Arquitectos de Asia (ARCASIA) e Premio Aga Khan de Arquitectura. A conferencia será impartida en chino e contará con tradución simultánea.

Máis información