
A través da lente do fotógrafo Juan Luis Rod e da arquitecta e profesora da ETSAC Patricia Muñiz, a exposición “De la tierra al refugio” céntrase nas necesidades das comunidades afectadas en Cabo Delgado (Mozambique) por conflitos armados e impactos climáticos extremos, que causaron centos de desprazamentos.
A través dun proxecto de investigación da Universidade da Coruña e da posta en marcha de refuxios por parte da Fundación Axuda en Acción , comprenderemos como se coordinaron solucións adaptadas ás dinámicas culturais, sociais e ambientais da rexión.
O sábado 20 de xuño ás 11.00 horas, Giulia Tieni (responsable da Área de Acción Humanitaria de Ayuda en Acción), a doutora Patricia Muñiz (comisaria da exposición, arquitecta pertencente ao grupo de investigación Persoa-Ambiente da UDC) e Juan Luis Rod (fotógrafo documental especializado en acción humanitaria) participarán nunha mesa redonda moderada por Aitor Rodríguez (coordinador de Acción Humanitaria e CI en Galicia de Axuda en Acción) no auditorio do MUNCYT Coruña.