
O luns 22 de xuño, ás 11:00 horas, a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convida a unha chocolatada colexial con todos os integrantes de VIER arquitectos: Antonio Raya, Cristóbal Crespo, Santiago Sánchez e Enrique Antelo para resolver todas as vosas dúbidas e/ou inquedanzas sobre a construción con elementos industrializados, nunha xornada de apoio á actividade profesional e de aprendizaxe informal que levará o título de “Arquitecturas entre o oficio e a industria” e que confluirá co ciclo #COAGconta.
Nesta xornada poderemos coñecer tamén todos os detalles da súa experiencia no desenvolvemento dun edificio de 40 vivendas protexidas en Xuxán, A Coruña, un proxecto no que a construción con elementos industrializados desempeñou un papel fundamental.