
A Delegación de Santiago do COAG organiza a sexta edición do ciclo de conferencias PRÓXIMOS, que contará coa participación de Emiliano López + Mónica Rivera Arquitectos, Fuertes Penedo Arquitectos, Ameneiros Rey e Nuno Melo Sousa, e que se celebrará no Espazo Afundación de Santiago de Compostela durante os meses de xullo e setembro de 2026.
Dende a Delegación de Santiago comprácenos anunciar a celebración da sexta edición do ciclo de conferencias de Arquitectura PRÓXIMOS 2026, unha iniciativa que busca achegar á cidadanía e aos profesionais a obra e o pensamento de estudos e profesionais de referencia do ámbito galego e peninsular.
Tras seis edicións, PRÓXIMOS consolídase como unha das iniciativas de referencia da Delegación de Santiago para a difusión da arquitectura contemporánea, favorecendo o intercambio de experiencias entre profesionais, estudantes e público interesado na disciplina.
As conferencias celebraranse no Espazo Afundación en Santiago de Compostela, segundo o seguinte calendario:
PRÓXIMOS 2026
* Xoves 2 de xullo · Emiliano López + Mónica Rivera Arquitectos
* Xoves 9 de xullo · Fuertes Penedo Arquitectos
* Mércores 16 de setembro · Ameneiros Rey
* Venres 25 de setembro · Nuno Melo Sousa
Nas próximas semanas iranse publicando os detalles de cada sesión e os correspondentes formularios de inscrición.