Xornada “Arquitecturas entre o oficio e a industria” por VIER arquitectos

O luns 22 de xuño, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar a xornada “Arquitecturas entre o oficio e a industria”, a cargo de VIER arquitectos. Esta xornada, que se integra no ciclo de casos de éxito de construcción con elementos prefabricados, desenvolverase en torno ao edificio de 40 vivendas VPA no barrio de Xuxán, do estudo VIER arquitectos.

VIER arquitectos é un estudo con sede en Galicia, constituído polos arquitectos Antonio Raya, Cristóbal Crespo, Santiago Sánchez e Enrique Antelo, todos eles titulados pola ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña, centro no que ademais imparten docencia. Ao longo dunha traxectoria de máis de 30 anos, veñen desenvolvendo unha produción diversa que abarca desde a escala residencial ata a rehabilitación arquitectónica, equipamentos públicos e deportivos, intervencións urbanas e edificios industriais.

A súa obra foi publicada en revistas especializadas e recibiu numerosos premios, consolidando unha traxectoria que defende a arquitectura como pensamento e experimentación que se constrúe e valida na propia realidade da obra.

Esta xornada é gratuíta para todos os colexiados. Para o seguimento en directo da mesma, é necesaria inscrición no seguinte [+ ligazón].