![]()
O investimento en obra pública é un motor de desenvolvemento económico e xerador de emprego na provincia. A Deputación da Coruña conta cun espectacular balance con máis de 1.000 millóns de euros investidos na última década. A obra pública representa ao redor do 7% do PIB galego e sostén 82.000 empregos en Galicia, case a metade deles —un 46%— concentrados na provincia da Coruña. A este impulso hai que sumar o investimento inmobiliario privado e os datos do COATAC que, no seu último informe, recollía o número de vivendas novas incluídas no visado de encargos de dirección de execución de obra, que na cidade da Coruña sumou 689 unidades o ano pasado (un incremento do 112% respecto a 2023).
Detrás de todos estes datos macroeconómicos atopamos a estudos de arquitectura capaces de xestionar todo este aumento do volume de proxectos ofrecendo unha arquitectura de calidade e que é capaz de responder os retos medioambientais e da sociedade. Un ano máis, Grupo Vía volve ser o altofalante da boa arquitectura de Km0 cunha selección de estudos líderes de arquitectura galegos que presentarán en diferentes relatorios as obras e proxectos nos que están inmersos.
A xornada terá lugar o 17 de xuño no hotel Melía – María Pita a partir das 9 horas, e contará coa participación de VIER Arquitectos, Irisarri + Piñera, SEA Arquitectos, Terceroderecha Arquitectos, Castroferro, OLA Estudio, Tejedor y Otero Arquitectos e Díaz y Díaz Arquitectos.