Encontro Bienal de Nova Arquitectura no Campus Tecnolóxico Cortizo (Padrón)

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, no seu compromiso co talento emerxente, organiza en colaboración con Cortizo a primeira Bienal de Nova Arquitectura como espazo de encontro para dar voz á nova xeración de profesionais. Esta iniciativa busca o intercambio de coñecemento e consolidar unha alianza estratéxica entre a arquitectura nova e a vangarda industrial do país.

A xornada, que acontecerá o 12 de xuño no Campus Tecnolóxico de Cortizo (Padrón), porá o seu foco nas conversas e o networking entre os diferentes profesionais, con mesas de debate e presentacións de persoas relevantes nesta nova xeración de arquitectos e arquitectas.

Máis información