
O vindeiro martes 9 de xuño ás 19:30 horas continúa o Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” encadrado nos “Martes das Artes”, actividade coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.
A xornada comporase polas conferencias “Arquitectura al límite”, impartida por Elena Sarmiento Díez e “Historia construida”, impartida por Adrián Martín Prieto ambos os dous formados na ETSAC e fundadores de AE Studio, Estudio de Arquitectura de A Coruña especializado en Edificación de nueva planta de cualquier tipo; Rehabilitación; Urbanización ou Urbanismo.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.