Exposición “A Coruña, porto negreiro” en NORMAL

Esta semana inaugurouse en NORMAL a exposición “A Coruña, porto negreiro” no marco do proxecto “A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade”.

Dirixida por Zinthia Álvarez Palomino e a profesora da ETSAC Cristina Botana Iglesias, esta exposición propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e do seu papel no tráfico transatlántico de persoas escravizadas.

Este percorrido pola memoria colonial coruñesa convida a recoñecer as pegadas que este legado deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente.