
O mércores 22 de abril, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia “Entrando en Materia(s)” que será impartida polos arquitectos Antonio Raya, Cristóbal Crespo, Santiago Sánchez e Enrique Antelo, fundadores e socios do estudio VIER arquitectos.
VIER Arquitectos é un estudio con sede en Galicia, constituído polos arquitectos Antonio Raya, Cristóbal Crespo, Santiago Sánchez e Enrique Antelo, todos eles titulados pola ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña, centro no que ademais imparten docencia. Ao longo dunha traxectoria de máis de 30 anos, teñen desenvolvido unha produción diversa que abrangue dende a escala residencial até a rehabilitación arquitectónica, equipamentos públicos e deportivos, intervencións urbanas e edificios industriais.