Convocatoria ó estudantado para a Residencia de Artistas Emerxentes, Mariñán 2026

A Residencia de Artistas Emerxentes (Encontros de Mariñán) é unha das actividades organizadas pola Real Academia Galega de Belas Artes para crear sinerxías entre os distintos centros de formación artística superior en Galicia.

Celebraranse no Pazo de Mariñán (Bergondo) da Deputación da Coruña do 15 ao 19 de xuño de 2026. Nela reúnense estudantes das institucións formativas implicadas para, traballando de forma conxunta, desenvolver in situ proxectos creativos de índole interdisciplinar.

Todo o estudantado (últimos anos de GEA, MUA, MURA e Doutoramento) da ETSAC con interese en participar na Residencia para Artistas Emerxentes, Mariñán 2026, estades convocados a unha reunión informativa o xoves, 16 de abril ás 13:30h, na aula E1. O profesor Fernando Agrasar expoñerá a experiencia de pasadas edicións e informará sobre a convocatoria da presente.