
O Camiño de Santiago é unha das grandes infraestruturas culturais do territorio europeo. Ao longo dos séculos xerou cidades, paisaxes e arquitecturas destinadas a orientar, acoller e acompañar aos peregrinos no seu percorrido.
Moitos destes elementos —pontes, fontes, muros, fitos ou bancos— foron tradicionalmente construídos con pedra local, material profundamente vinculado á identidade arquitectónica de Galicia.
A pedra non é unicamente un recurso construtivo: é tamén memoria do territorio, coñecemento técnico e paisaxe cultural.
O presente concurso invita os estudantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña a reflexionar sobre o deseño de pequenas arquitecturas en pedra para o Camiño de Santiago, capaces de integrarse na paisaxe e de mellorar a experiencia do peregrino contemporáneo.
Trátase de imaxinar intervencións mínimas pero significativas, que combinen tradición material, innovación arquitectónica e sensibilidade cara ao territorio.
O concurso conta coa colaboración da Agrupación Industrial do Granito de Galicia, entidade que representa un dos sectores produtivos máis relevantes vinculados o patrimonio material e construtivo do territorio galego.