
Como pode unha cidade histórica afrontar hoxe os retos da conservación do patrimonio e da transformación urbana?
Na conferencia “SANTIAGO urbs, COMPOSTELA civitas”, os arquitectos composteláns Xerardo Estévez e Alfonso Salgado compartirán unha reflexión sobre a evolución recente da cidade e os dilemas que xorden ao conciliar a protección do seu legado histórico coa necesidade de adaptarse ás dinámicas contemporáneas.
Será o venres 17 de abril ás 10:00 horas en Casa RIA (Virxe da Cerca 6, Santiago de Compostela)
As prazas son limitadas. Reservas en eventos@casaria.org