Bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de publicar no BOE do 25 de marzo de 2026 a convocatoria das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026-2027, dirixidas a estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios.

O prazo para presentar a solicitude estará aberto do 7 de abril de 2026, ás 08:00 horas, ata o 18 de maio de 2026, ás 15:00 horas, a través da Sede Electrónica do Ministerio. Este prazo é único, xa que non haberá outro prazo con posterioridade a este, de aí a importancia de facer a túa solicitude no prazo establecido.

Para calquera dúbida podedes contactar coa Sección de Bolsas da UDC (bolsas@udc.gal).

Máis información