
O vindeiro venres 17 de abril comezará unha nova edición do CEGOR (CURSO SUPERIOR EN XESTIÓN DE OBRAS DE REHABILITACIÓN) que promove o Consorcio de Santiago de Compostela coa Fundación Laboral na Curtiduría de Pontepedriña.
O incremento de actuacións de rehabilitación ou reforma de edificios existentes está a xerar novas oportunidades de emprego cualificado e estable para empresas e persoas traballadoras da industria da construción. Coñecer a tradición e as técnicas actuais de construción e xestión é necesario para que calquera rehabilitación sexa respectuosa cos núcleos históricos e coa súa contorna sociocultural.