
O mércores 25 de marzo, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a inauguración da exposición FETSAC x COAG: Unha historia proxectada en 18 anos. Na mostra amosaranse imaxes, vídeos, fotografías e carteis de todas as edicións do Festival de Arquitectura FETSAC; un festival nacido en 2009 para dar forma a unha iniciativa cultural, colectiva, transgresora, xenerosa, e entusiasta, organizada por diferentes grupos de estudantes da ETSAC que ano a ano van tomando o relevo e que volverán reencontrarse no contexto deste 18 aniversario da creación da FETSAC.