Conferencia de Patricia Sabín e Enrique Blanco na Real Academia Galega de Belas Artes

O vindeiro martes, 3 de marzo, ás 19:30 horas, terá lugar a terceira das conferencias do ciclo “Vivenda colectiva s.XX: A Revolución Social” na Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) titulada “Galicia no mapa: Os proxectos de José Antonio Corrales”, impartida polos docentes da ETSAC Patricia Sabín e Enrique Blanco.

A entrada é libre ata completar capacidade.